domingo, 29 de diciembre de 2013
apalpadores no Val Miñor...? ¡Toleache meu!
Non tes cultura ningunha!
- dixo a dona da casa ó ver chegar a un carboneiro cheo de ferruxe e con poucos caramelos no cesto...
Aprendices de apalpadores hai moit@s e algún deles chegou ó Miñor... que lle vas pedir...
Vese que a dona da casa non queda moi convencida do trueque de caramelos. Non ten claro que semellante apalpador saiba o que leva entre mans...
Bo ano 2014 e moita comida!!!!!!!!!!!!!!!!
O inesperado ataque das avoas noëles
O derradeiro día letivo no cole a escola infantil recibiu o ataque por sorpresa dunha banda de mama noeles, papa noeles e avoa noelas ceibes...
Ben se veía que eran perigosas ainda que non armadas...
non tedes que facer? tirádevos o mar... moinantes...
este non pasou da EGB
Ben se veía que eran perigosas ainda que non armadas...
non tedes que facer? tirádevos o mar... moinantes...
este non pasou da EGB
miércoles, 11 de diciembre de 2013
Almorzo con Viadantes
Todo comezou en Valencia e Madrid. ¿con todos os raros da festa...?
Os "desayunos en la Luna" celebrados na "plaza de la Luna" madrileña. En Valencia é moi habitual. Coma requisito mínimo, os almorzos na rúa sempre trocan de ubicación.
Vaites! alguén instalou un canastro-horreo portátil na rúa....
deixamos a Lordi que amenice a mañá de decembro
habendo viadantes coma estes... ¿quén diantres quere diamantes?
para máis ideas ...
miércoles, 4 de diciembre de 2013
vai de vivo
Celebramos o día de Escocia ....?
Any doubt about celebrating Saint Andrew´s day?
Foi un solpor de película
It was an incredible sunset.....
Pero ninguén é perfecto.....
Nobody is perfect....
Porque San Andrew, San Andrés, mellor vai de vivo...
jueves, 28 de noviembre de 2013
Os paxaros de Lopburi visitan San Rocke
En Lopburi, Tailandia, celebrase todos os novembros o banquete dos animáis. Nel agasallan ás mascotas de lopburi, os monos, con toneladas de froita e golosinas. Fanno en nome de Hanuman o rei dos monos.
Nestas latitudes, monos, monos.... depende...¿non? O mono Paco de Redondela acadou moita fama.
E para celebrar o banquete de Lopburi, agasallamos a todos os paxaros da zona con cereáis de balde...
Ben, certo é ... a todos os paxaros non...
Coma din os peques...con formitas que sabe mellor...
Non so os paxaros teñen banquete...
E ata incluso se unen invitados inesperados...
En Lopburi acompañan o banquete - merendola con disfraces de animáis.
martes, 19 de noviembre de 2013
Samainando
Os celtas dividen a ano na parte escura e a parte clara.
A clara comeza en abril....a escura ....
no samhain, o fin do verán.
Halloween, (all hollows´eve) e a noite de todos os espirítus e moito máis... Contrariamente o que se pensa non ven de Norteamérica senon de Irlanda
Eiquí dividimos, restamos, sumanos e multiplicamos o ano... e non nos dan as contas...
En san Rocke mamis papis e peques aproveitan para facer falcatruadas
chegando incluso a coles con nomes tan "druidas" coma "Covaterreña"
e celebrando cuchipanda-festas desta guisa...
No fin da festa algún gnomo dos bosques fixo das súas antes de voltar a Girona
e algunha que outra mesa chegou por misterio voando o seu sitio...
samain...samain...
Quedou para a próxima unha flashmob de zombies no camiño bailando (mal, esperemos)
o Thriller de M. Jackson
Esta semana adicamos este post a técnica-organiza-festas-camara-cociñeira-diseñadora
VeroniK
domingo, 17 de noviembre de 2013
A noite de Guy Fawkes
A noite do 4 de novembro de 1605 Guy Fawkes e unha panda ben nutrida foi sorprendida con 36 barrils de pólvora destinados a facer voar o rei James I no Palacio do Parlamento. Guy non era nen moito menos o cabecilla, seguro que era bo tipo... pero.... dende aquela celebrase en Inglaterra a festa de fawkes queimando o boneco de Guy ou de Boy George, que tanto ten, botando fogos de lucería, eating and drinking...all night long...
non sei porqué imaxinamos ó bo de Guy fawkes con bigote... tería algo que ver con Movember o tal Fawkes?????
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

