martes, 28 de enero de 2014

dia australiano

Mentres Nadal sufría de máis en Melbourne con Wawrinka e as dores,  os australianos de leria... e festa no 26


Decidiron levar os fogos fora da cidade para non deter a final de tenis. Seica parar a final polos fogos é habitual.



Sidney












E claro... San Rocke uniuse á festa australiana
..






Lamingtons doces autralianos  , carreiras de kanguros a cuberto... so faltou a Foster... disque pra o ano que ven... se cadra...

E tamén se cadra podería haber unha carreira de kanguros o aire libre...windgurú ainda non ten claro se choverá o día de Australia do 2015... tu si, non?

martes, 21 de enero de 2014

Festival au Desért



Por estas datas celébrase en Mali, perto da mítica Tombuktú o Festival do Deserto.





Ten lugar en Essakane, onde os tuaregs se reunen e fan carreiras de camellos.




A idea é dar a coñecer a súa cultura e sobre todo crear bo rollo onde sempre o houbo





Hai mostras de artesanía, xoiaría, e sobre todo música. E unha oportunidade para dara coñecer os novos músicos africanos i escoitar os de outras latitudes. Por equí paso Manu Chao ou o circo do polo norte.

Deixamos o enlace

o libro de músicos e artistas

cos grupos que tocaron en Mali.


Este ano debido a guerra o festival está no exilio la Paritzer Platz de Berlín. Tamén organizar unha caravana de músicos e artistas que percorren Africa con fins altruistas.


Coma non podía ser menos,  o Festival au Desért tamén viaxou ó húmido noroeste da península.



Con jaima...



e algún que outro maleante reivindi-cativo...


martes, 14 de enero de 2014

Pa Alemania




Un día calquera da fin do verán ...decidimos facer unha curta... 

¿a excusa?    pasalo pipa....


 Máis que improbable sería facer tal tolemia cinéfica sen Verónika e Geles.  

Vero cámara, con cámara de video propia (cousa importante), técnica total, montadora da curta, responsable da música, atrezzo ( a manta  que aparece na rúa entre outros aspectos), vestiario , parte do catering na festa... e máis aspectos reseñables...

Geles compartiu direción técnica con Vero, ideas a esgalla, vestiario, atrezzo, catering da festa, disfraces da festa, actriz, ata  meteuse nunha cadeira de rodas sen freos para triunfar no celuloide... ¿qué máis se lle pode pedir?

A sorte deunos con contar cun panadeiro de verdade e actor. Sergio tiña o papel ben amasado

Tamén xurdiu a Peregrina Ana, que ninguén sabía que o camiño de San Roque pertencía ó camiño portugués de Santiago....isto xa vai pedindo un albergue e unhas cañas...

Luis apareceu coma sempre disposto a montar a festa e traer o que faga falla.

Tamén apareceu Isma de obras e moi bo rollo

Joaquín e Xela bordaron o papel de pícaro das mazás emulando o mesmo neno Kid de Chaplin.

Noraboa a Merchi, Antonio, Ana, Maruxa a bailonga, Iria, e tod@s as que o pasaron "pipa" facendo esta curta. Totalmente inviable sen el@s...

E non queremos esquecernos do especialista que puso orde a toda esta  desfeita deixada na  festa, Dani.

A curta participou no festival de Curtas na  Rúa de Vigo. Chegou en decembro ó deserto dos Monegros, no Festival de Bujaraloz, sen pizca de auga que xa é moito, onde non se lle ocorreu outra cous@ que chamarnos "cineastas".... ¿cinequé...?  coitados...







 Antes da festa houbo peque teatro





A rodaxe da curta condiu neste punto ca rodaxe das bicis na volta de España. A pesares do noso interese Purito non afinou nesta etapa....








Agradecemos a estas dúas artistas a súa entereza para levar a cabo esta peli. É unha sorte que da escola da comedia e non da escola movida de Lars Von Trier....


Polo que sei o tipo da maleta ainda non chegou a Alemania.... toleou...moi espabilado non era, non

Alguén pediu unha segunda parte... hai xente moi ruin...ja,ja,ja...


Deixamos aquí a recepcion con alfombra vermella que no deron no festival nacional de Cortos de Bujaraloz, no deserto dos Monegros:  



Estimad@  cineasta.

El Certamen de Cortometrajes de Bujaraloz, llega a su recta final de trabajo con motivo de la celebración de la VI Edición del Certamen de Cortometrajes.

Desde la organización del festival, queremos darte las gracias por haber enviado tu trabajo y haber participado en una gran edición que afianza el certamen como referente audiovisual aragonés y nacional.

Te queremos agradecer la confianza demostrada en el festival, al participar junto con los más de trescientos treinta trabajos en esta edición y te animamos desde aquí a seguir creando sueños, innovando la cultura y mostrando el gran talento cinematográfico que tenemos en España.

Un fuerte  abrazo a todos, ¡Viva el cine!

Monegrinos Amigos del Séptimo Arte
Asociación Organizadora del Certamen de Cortometrajes de Bujaraloz .


Por suposto, e non podía ser menos, a curta Pa Alemania, chegou en Outubro a Alemania, concretamente a  Frankfurt am Main.  Preto  do que queda da antiga muralla de Frankfurt. Podese ver no facebook do centro galego de Frankfurt

                             

 

jueves, 9 de enero de 2014

L´Escalade baionesa







Na Escalade, en Xinebra celebrase unha carreira popular que remata cunha grande e gozosa chocolatada suiza....
¿ e quén non fixo unha escalada para aceder á Percibilleira...?


Vexan ós "corredores" estirando para a "escalade" de San Rocke na fría mañá de xaneiro...

Abofé non tan fría coma na Xinebra suiza...

A escalade baionesa percorreu a percibilleira, monteboi, porto, santa marta, casco vello e subida á Perci.


Non era un día coma esta pero sí vimos a este individuo...


E chegados á meta había que porse no tema...

Isto foi o máis semellante a leite fresco topado. Porque na Escalade suiza  chuchan na vaca diretamente para confecionar o tal chocolate...



Preparando coquelón e queimador


e

E a repoñer forzas, que xa toca...

sábado, 4 de enero de 2014

Serán de Noiteboa ?








A Noiteboa en San Rocke precisa dunha longa preparación que vai máis aló de poñer a mesa... Por estas latitudes teñense escoitado termos tan "exóticos   coma "tarde buena..." (happy serán, para entendermos)... e isto debe ser a happy hour da Noiteboa...

Por certo, grande actor o do fondo. Non quiso perder a festa

Baiona Boxing Day







O 26 de decembro é o Boxing day. Soen confecionarse "boxes" ou caixas de agasallos para obsequiar  ó que teñas máis perto durante todo o  ano. Dende un carteiro ata unha caixeira de supermercado...






Tamén se percorren as rúas bailando ó redor dun pao cun Wren (ferreiriño) no cumio. Todo isto co  obxetivo  de xuntar cartos para a festa do boxing.  A  festa dun grupo de baile, teatro, rock, pop, indie... marionetas... vai ti a saber... Por suposto, con ánimo de moitísimo lucro....





Pero no boxing day marchou a luz... e sen ela xurdiron as pantasmas....ja,ja,ja...





Os paquetes do boxing day medraron... o día converteuse en  semana, a boxing week...