jueves, 28 de noviembre de 2013
Os paxaros de Lopburi visitan San Rocke
En Lopburi, Tailandia, celebrase todos os novembros o banquete dos animáis. Nel agasallan ás mascotas de lopburi, os monos, con toneladas de froita e golosinas. Fanno en nome de Hanuman o rei dos monos.
Nestas latitudes, monos, monos.... depende...¿non? O mono Paco de Redondela acadou moita fama.
E para celebrar o banquete de Lopburi, agasallamos a todos os paxaros da zona con cereáis de balde...
Ben, certo é ... a todos os paxaros non...
Coma din os peques...con formitas que sabe mellor...
Non so os paxaros teñen banquete...
E ata incluso se unen invitados inesperados...
En Lopburi acompañan o banquete - merendola con disfraces de animáis.
martes, 19 de noviembre de 2013
Samainando
Os celtas dividen a ano na parte escura e a parte clara.
A clara comeza en abril....a escura ....
no samhain, o fin do verán.
Halloween, (all hollows´eve) e a noite de todos os espirítus e moito máis... Contrariamente o que se pensa non ven de Norteamérica senon de Irlanda
Eiquí dividimos, restamos, sumanos e multiplicamos o ano... e non nos dan as contas...
En san Rocke mamis papis e peques aproveitan para facer falcatruadas
chegando incluso a coles con nomes tan "druidas" coma "Covaterreña"
e celebrando cuchipanda-festas desta guisa...
No fin da festa algún gnomo dos bosques fixo das súas antes de voltar a Girona
e algunha que outra mesa chegou por misterio voando o seu sitio...
samain...samain...
Quedou para a próxima unha flashmob de zombies no camiño bailando (mal, esperemos)
o Thriller de M. Jackson
Esta semana adicamos este post a técnica-organiza-festas-camara-cociñeira-diseñadora
VeroniK
domingo, 17 de noviembre de 2013
A noite de Guy Fawkes
A noite do 4 de novembro de 1605 Guy Fawkes e unha panda ben nutrida foi sorprendida con 36 barrils de pólvora destinados a facer voar o rei James I no Palacio do Parlamento. Guy non era nen moito menos o cabecilla, seguro que era bo tipo... pero.... dende aquela celebrase en Inglaterra a festa de fawkes queimando o boneco de Guy ou de Boy George, que tanto ten, botando fogos de lucería, eating and drinking...all night long...
non sei porqué imaxinamos ó bo de Guy fawkes con bigote... tería algo que ver con Movember o tal Fawkes?????
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
