martes, 14 de enero de 2014

Pa Alemania




Un día calquera da fin do verán ...decidimos facer unha curta... 

¿a excusa?    pasalo pipa....


 Máis que improbable sería facer tal tolemia cinéfica sen Verónika e Geles.  

Vero cámara, con cámara de video propia (cousa importante), técnica total, montadora da curta, responsable da música, atrezzo ( a manta  que aparece na rúa entre outros aspectos), vestiario , parte do catering na festa... e máis aspectos reseñables...

Geles compartiu direción técnica con Vero, ideas a esgalla, vestiario, atrezzo, catering da festa, disfraces da festa, actriz, ata  meteuse nunha cadeira de rodas sen freos para triunfar no celuloide... ¿qué máis se lle pode pedir?

A sorte deunos con contar cun panadeiro de verdade e actor. Sergio tiña o papel ben amasado

Tamén xurdiu a Peregrina Ana, que ninguén sabía que o camiño de San Roque pertencía ó camiño portugués de Santiago....isto xa vai pedindo un albergue e unhas cañas...

Luis apareceu coma sempre disposto a montar a festa e traer o que faga falla.

Tamén apareceu Isma de obras e moi bo rollo

Joaquín e Xela bordaron o papel de pícaro das mazás emulando o mesmo neno Kid de Chaplin.

Noraboa a Merchi, Antonio, Ana, Maruxa a bailonga, Iria, e tod@s as que o pasaron "pipa" facendo esta curta. Totalmente inviable sen el@s...

E non queremos esquecernos do especialista que puso orde a toda esta  desfeita deixada na  festa, Dani.

A curta participou no festival de Curtas na  Rúa de Vigo. Chegou en decembro ó deserto dos Monegros, no Festival de Bujaraloz, sen pizca de auga que xa é moito, onde non se lle ocorreu outra cous@ que chamarnos "cineastas".... ¿cinequé...?  coitados...







 Antes da festa houbo peque teatro





A rodaxe da curta condiu neste punto ca rodaxe das bicis na volta de España. A pesares do noso interese Purito non afinou nesta etapa....








Agradecemos a estas dúas artistas a súa entereza para levar a cabo esta peli. É unha sorte que da escola da comedia e non da escola movida de Lars Von Trier....


Polo que sei o tipo da maleta ainda non chegou a Alemania.... toleou...moi espabilado non era, non

Alguén pediu unha segunda parte... hai xente moi ruin...ja,ja,ja...


Deixamos aquí a recepcion con alfombra vermella que no deron no festival nacional de Cortos de Bujaraloz, no deserto dos Monegros:  



Estimad@  cineasta.

El Certamen de Cortometrajes de Bujaraloz, llega a su recta final de trabajo con motivo de la celebración de la VI Edición del Certamen de Cortometrajes.

Desde la organización del festival, queremos darte las gracias por haber enviado tu trabajo y haber participado en una gran edición que afianza el certamen como referente audiovisual aragonés y nacional.

Te queremos agradecer la confianza demostrada en el festival, al participar junto con los más de trescientos treinta trabajos en esta edición y te animamos desde aquí a seguir creando sueños, innovando la cultura y mostrando el gran talento cinematográfico que tenemos en España.

Un fuerte  abrazo a todos, ¡Viva el cine!

Monegrinos Amigos del Séptimo Arte
Asociación Organizadora del Certamen de Cortometrajes de Bujaraloz .


Por suposto, e non podía ser menos, a curta Pa Alemania, chegou en Outubro a Alemania, concretamente a  Frankfurt am Main.  Preto  do que queda da antiga muralla de Frankfurt. Podese ver no facebook do centro galego de Frankfurt

                             

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario