Os piratas non se deixaban ver nunha manobra tenebrosa propia de moinantes...
o batallón de sanrocke decidiu repoñer forzas docemente antes da batalla...
Os piratas tentaron roubar tesouros a esgalla, apoderarse do barco e facer combate...pero eiquí véselles un tanto perdidos, non daban a basto con tantas frontes
os peques mallaron nos piratas a golpe de espada, bomba e todo o que estivese o seu dispor no mar da Roca...
a loita foi encarnizada e sen tregua... a escuadrada dos peque-piratas aplicouse moi forte.. os grumetes tomaron o timón da nave corsaria ... a tunda ía ser de aupa...
Mentres, na base de avituallamento os peques e parte da pitatería repoñían forzas unha e outra vez...a sí non había xeito de gañarlles...
Os peque pitaras de sanrocke venceron a nave das illas Caimán e obrigaron ó pirata barba blanca a mostrarlles o camiño ó tesouro escondido... a cancerbeira do tesouro máxico pediu varias contraseñas ós grumetes...todas elas contestadas á primeira...
.
Os malos piratas das illas caimán recibirón unha boa malleira e non tiveron máis remedio que recoller nave, bandeira, bártulos e carretilla e coller carretera de Avilés, no seu caso, mar das illas Caimán...
Contan as lendas que por eiquí baixaron mallados e máis aló das illas Cíes entra a neboa foron vistos por última vez
e para cerciorarse de que marchaban e non voltarían a aquelas costas os grumetes peque piratas fixeron garda na barca da Roca...
No hay comentarios:
Publicar un comentario